Gaita galega

PAULO GONÇALVES

Licenciado en Música Antiga, especialidade Frauta de Bisel pola Escola Superior de Musica e Artes do Espectáculo do Porto con Pedro Sousa e Silva.

Licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de La Rioja.

Diplomado en Educación Musical pola Universidade de Vigo.

Titulado Profesional en Gaita polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Noutro âmbito socio-humanístico estudou, sem ter rematado as respectivas Licenciaturas, na Faculdade de Economia e Ciências empresariais da Universidade de Vigo, na Faculdade de Filosofia da UNED, e no Conservatorio superior de Música de Vigo.

Recebeu aulas de persoas musicalmente recoñecidas: Peter Holtslag, Kees Boeke, Siebe Henstra, Pedro Couto Soares, Pascal Monteilhet, Jacques Ogg, e outras.

Foi profesor de frauta de bisel no Conservatorio de Vila Nova de Gaia e na Escola de Paços de Brandão.

Foi conservatorio de gaita de foles no Conservatório Profesional de Vila Garcia da Arousa, no Conservatorio Profesional de Ribeira, e na Escola de Musica Municipal das Neves.

Ten impartido numerosos cursos de gaita e palestras, comunicacións, ou conferencias por varios conservatorios do pais e congresos ou outros actos sobre o repertorio históricoerudito para o instrumento.

Ten publicados varios libros de poesía, obras para gaita de fol en diferentes formatos e algún material de estudo para o instrumento.

É o creador do que se poderia chamar a moderna gaita de foles, baseada numha técnica completamente descoñecida até entón no instrumento e grazas a cal dinámicas, articulacións, rango mínimo útil, e nuances necesarias para unha interpretación realmente artística xa formam parte do instrumento.

A súa actividade artística desenvólvese quer como solista presentando proxectos de musica antiga ou concertos de musica contemporanea quer no consort de frautas A Imagem da Melancolia. Tamén en grupos nos que colabora con máis ou menos continuidade, tendo gravado unha ducia de discos, destacando nisto a súa participación en Resonet.

Funda o agrupamento Ensemble Hotteterre cuxo obxectivo é estudar e interpretar o repertorio erudito de gaita anterior a 1800.

gaita

COPPELIA Conservatorio de Música y Danza

www.conservatoriocoppelia.net

C/ Pi y Margall 61, Vigo

Deja un comentario