Concerto das Letras Galegas o 16 de maio ás 19:00 horas

O próximo mércores 16 de maio imos celebrar o xa tradicional Concerto das Letras Galegas ás 19:00 horas no Auditorio de COPPELIA Conservatorio de Música e Danza.
Este ano o Días das Letras Galegas adícase a María Victoria Moreno Márquez.
Mª Victoria Moreno naceu nun pobo de Cáceres na fronteira con Portugal. Veu a Galicia destinada como profesora de ensinanza secundaria, e aquí namorouse de Galicia e da lingua galega, ata o punto de que foi a lingua que empregou predominantemente na súa faceta como escritora, na que sobresaiu principalmente como escritora infantil e xuvenil.
É a cuarta escritora á que se adica o Día das Letras Galegas tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño.

Victoria Moreno

Deja un comentario